Commons:Benvido
Benvida noutras linguas:
Alemannisch | aragonés | العربية | অসমীয়া | asturianu | Boarisch | беларуская (тарашкевіца) | Bahasa Banjar | български | বাংলা | català | Cymraeg | dansk | Deutsch | Ελληνικά | English | Esperanto | español | euskara | فارسی | français | galego | עברית | hrvatski | magyar | interlingua | Bahasa Indonesia | íslenska | italiano | 日本語 | 한국어 | Lëtzebuergesch | македонски | മലയാളം | олык марий | Plattdüütsch | नेपाली | Nederlands | norsk nynorsk | norsk bokmål | occitan | ਪੰਜਾਬੀ | polski | português | русский | සිංහල | slovenčina | slovenščina | српски / srpski | Basa Sunda | suomi | svenska | Türkçe | ئۇيغۇرچە / Uyghurche | українська | татарча/tatarça | Tiếng Việt | 粵語 | 中文(简体) | 中文(繁體) | Bân-lâm-gú | +/− |
Que é Wikimedia Commons?Wikimedia Commons é un repositorio de material multimedia creado e mantido por voluntarios, non por profesionais. O nome "Wikimedia Commons" procede da Fundación "Wikimedia" que xestiona todos os proxectos Wikimedia e do nome "commons", o contido compártese entre diferentes linguas e diferentes tipos de proxectos Wikimedia. É unha base de datos centralizada para subministrar contido libre, fotografías, diagramas, animacións, música, versións sonoras, vídeo clips, e material multimedia de toda clase que sexa útil para calquera proxecto multimedia. Wikimedia Commons usa a mesma tecnoloxía-wiki cá Wikipedia coa que calquera poder editar facilmente no navegador sen necesidade de coñecementos técnicos especiais. A diferenza dos proxectos locais, os materiais cargados en Wikimedia Commons poden inserirse nas páxinas de calquera dos proxectos Wikimedia sen necesidade de carregalas en cada wiki individualmente. Nado o 7 de setembro de 2004, Wikimedia Commons chegou aos 100.000 ficheiros o 24 de maio de 2005, na actualidade contén 33,836,226 ficheiros e 123,862 galerías (os números están na notación anglo-saxona). Pode atoparse máis información sobre o propio proxecto Wikimedia Commons na Advertencia xeral, na páxina da Wikipedia sobre Wikimedia Commons e nesta páxina de Meta-wiki. A diferenza das bases de datos de material multimedia tradicionais Wikimedia Commons é libre. Calquera pode copiar, usar ou modificar calquera ficheiro dispoñible aquí libremente mentres acredite a fonte de orixe e aos autores, sempre que as copias ou melloras que se fagan se poñan a disposición doutros nas mesmas condicións. A base de datos de Wikimedia Commons e os textos están licenciados baixo a Licenza de Documentación Libre GNU. As condicións da licenza de cada un dos ficheiros poden consultarse nas páxinas de descrición deses ficheiros. Máis información sobre as condicións de uso... |
Participa
Pode axudar a mellorar Wikimedia Commons con aquilo que faga mellor: Contribúa coas súas imaxesSe é un bo fotógrafo non dubide en contribuír coas súas imaxes que serán moi valiosas para o proxecto, se é un bo deseñador revise que diagramas e animacións faltan e son solicitadas, se é un bo músico ou artista do cine/teatro non dubide en publicar as súas propias gravacións de obras libres aquí. Contribúa coas súas habilidadesNon é preciso que cargue os seus ficheiros. Hai unha chea de tarefas moi importantes que pode facer:
Contribúa co seu tempoIncluso non é preciso que teña habilidades como fotógrafo/deseñador/artista nin sequera ser bo escribindo textos de axuda. Pode axudarnos a organizar o contido, algo que tamén resulta moi valioso!
|
Rexistrarse
Para poder cargar ficheiros en Wikimedia Commons necesita estar dentro do sistema, é dicir rexistrado. Pode rexistrarse no enlace "Entrar / crear unha conta (Log in / create account)" da parte superior dereita da páxina cun nome de usuario para todas as cargas/edicións de imaxes e textos. En todo caso para editar páxinas non é preciso estar rexistrado (aínda que aconsellamos que o faga). Titorial de primeiros pasos
Nas páxinas primeiros pasos e FAQ hai moita axuda para consultar despois de rexistrase. Aí se explica como personalizar a interface (por exemplo a lingua), como cargar ficheiros e o titorial sobre as licenzas. Non necesita ter coñecementos técnicos para contribuír aquí. Atrévase a contribuír e asuma que as intencións dos outros colaboradores están guiadas pola boa fe. Este é un wiki - é realmente fácil colaborar. Hai máis información dispoñible no Portal da comunidade. Pode facer preguntas na Taberna ou en Village Pump (en inglés), tamén no canal de IRC #wikimedia-commons. Os ficheiros en Wikimedia Commons están organizados en categorías e galerías. Unha visión de conxunto pode obterse na Portada. Servicios adicionais e programas
Se aínda pensa que é complicado colaborar ou se quere carregar gran cantidade de ficheiros propios, pode usar o servizo de carga de ficheiros para solicitar que outros usuarios suban os ficheiros no seu lugar. Se quere carregar gran cantidade de ficheiros por si mesmo o programa Commonist pode serlle de axuda. Se necesita información específica sobre as ferramentas para ver ou editar o contido de Wikimedia Commons por favor vexa a páxina sobre os programas. Esperamos que disfrute e se divirta colaborando en Wikimedia Commons. |